Chegan novos xogos de balde a Twitch Prime

venres, 1 de xuño do 2018 Marcus Fernández

Os subscritores Prime de Twitch (entre os que están tamén as persoas que gocen de Amazon Prime) poderán incorporar até o 30 de xuño un novo grupo de videoxogos ao seu catálogo persoal sen custo adicional, o que supón un importante valor engadido para o servizo Premium desta plataforma empregada principalmente para o seguimento de videoxogos en directo a través de streaming.
Os xogo de balde con Twitch Prime de xuño son o xogo de acción en primeira persoa Strafe, as dúas entregas do xogo de rol The Banner Saga, o curioso título de combates aéreos de tanques para 4 xogadores Treadnauts e o popular quebracabezas de acción Tumblestone. Unha boa selección de xogos de estudios independentes que moitos usuarios agradecerán tras descubrir a súa calidade.

PUBLICIDADE