Chrome permitirá silenciar páxinas web permanentemente
venres, 25 de agosto do 2017
Non
son poucas as ocasións nas que, navegando pola web, sorpréndenos unha páxina
web ao invadir os altofalantes do noso equipo informático con publicidade,
música ou a reprodución automática de vÃdeos, o que resulta moi intrusivo e
molesto, de aà que na versión de Google Chrome para experimentos (Canary) estean a
probar estes dÃas unha nova funcionalidade que consistirá na posibilidade de
poder silenciar unha páxina web directamente dende a burbulla de
información da páxina.
Esta funcionalidade permitirá que os usuarios podamos facer que o navegador web
non reproduza o son de páxinas web especialmente molestas, e aÃnda que tardará
en estar presente na versión oficial de Google Chrome, os máis ansiosos poden
xa probala executando Chrome Canary co parámetro —enable-features=SoundContentSetting.