Chuza publica a súa história número 20.000
luns, 30 de xullo do 2007
A popular web galega de recomendación de novas
mediante un sistema de edición non xerárquico (baseado na colaboración dos seus
usuarios), Chuza, vén de completar o impresionante número de 20.000 historias
publicadas, só 220 dÃas despois de chegar ás 10.000,
o que dá unha estimación da intensa actividade que está a vivir este servizo
web que estarÃa próximo ás 38 novas enviadas por dÃa nos seus 530 dÃas de vida.
Chuza conta xa con 1.672 usuarios rexistrados, publicou 42.978 comentarios,
serviu para emitir 397.342 votos ás novas publicadas e nas últimas semanas supera as 200.000 visitas mensuais e as
7.000 visitas diarias.
En todo este tempo o servizo de Chuza non permaneceu estático, e asÃ, o seu
servizo de recomendación de novas foi incorporando funcionalidades adicionais
que van dende o chat coñecido coma o Fedello ata a adaptación para a súa correcta visualización en móbiles
pasando por un sistema de mensaxes curtas (ChÃos)
que lembra a Twitter, e que está a ter bastante éxito entre os usuarios
habituais desta plataforma informativa social.
