Chuza! supera a liña das 6.000 visitas diarias
mércores, 10 de xaneiro do 2007
Un mes e medio despois de deixar atrás a liña
das 5.000 petadas na porta por
xornada, a rede colectiva de información Chuza! acadou o pasado 9 de xaneiro a nada desprezable
cifra de 6.623 visitas e 101.908 páxinas visitadas.
Cómpre lembrar certas caracterÃsticas deste espazo de información. Trátase dun
sitio galego de novas, posto a andar polo noso amigo Berto Yáñez, e que emprega
un control editorial non xerárquico, ficando aberto a calquera historia ou nova
que os internautas consideren interesantes e sendo eles mesmos os que as
valoran, comentan e deciden se se publican
na páxina principal (de xeito que nunca intervén a figura do editor).
Parabéns polo tanto para Chuza! na súa liña ascendente, que grazas ás chuzadas que a comunidade virtual
realiza cada dÃa, xa supera a media de 4.000 visitas mensuais e vai camiño de
acadar moitas máis. A seguir asÃ!
