CincoDías.com estrea aplicación para o iPhone

luns, 4 de maio do 2009 Marcus Fernández

O xornal económico Cinco Días desenvolveu unha aplicación para o iPhone e o iPod Touch que pódese descargar de balde de iTunes e que facilita o acceso ás novas de última hora e o estado das Bolsas, podendo realizarse buscas de valores coas súas cotizacións e incluso vídeos de actualidade en alta calidade, converténdose nunha atractiva ferramenta de acceso aos contidos da publicación, seguindo así os pasos da aplicación para esta plataforma coa que tamén conta El País.
A nova aplicación facilita o acceso aos contidos de CincoDías.com, e opera tanto a través de Wi-Fi coma de 3G. Con este lanzamento converteríanse no primeiro medio económico dixital en ofrecer unha aplicación para o iPhone.


Vídeo de presentación da aplicación de Cinco Días para o iPhone

PUBLICIDADE