Cinesa loita contra o streaming cunha tarifa plana
mércores, 22 de marzo do 2023
Non é
ningunha sorpresa que a afluencia ás salas de cine leva bastantes anos caendo,
e actualmente están lonxe de recuperar o número de espectadores previos á
pandemia, e entre as medidas para paliar a situación Cinesa anuncia que a
partir do mes de abril comercializará a Unlimited Card, un
programa de subscrición que permitirá o acceso a todas as pelÃculas sen lÃmite
de pases, cun prezo que parte dos 15,90 euros/mes e que podemos ver como unha
alternativa presencial ás plataformas de streaming que mudaron tanto os hábitos
de consumo audiovisual.
Lembremos que Cinesa ten salas na Coruña e Santiago de Compostela, e os
consumidores que galegos que queiran beneficiarse da súa tarifa plana
poden optar por pagar 15,90 euros/mes ou tirar proveito da promoción dispoñible
para a subscrición anual por só 149 euros.
A Unlimited Card tamén ofrece descontos no Menú Clásico do bar das salas de
cine, convites para pases especiais e outras vantaxes exclusivas. Existe unha
versión deste programa lixeiramente máis cara, pero é especÃfica para salas
LUXE, que non están dispoñibles en Galicia.