Civilization III destaca entre os novos xogos incluÃdos en Prime
xoves, 7 de agosto do 2025
Prime Gaming, incluÃdo coa subscrición de Amazon Prime, regresa este mes cunha nova remesa de xogos sen custo adicional para descargar e conservar para sempre, ademais das vantaxes habituais como a subscrición mensual a unha canle de Twitch ou o acceso a tÃtulos na nube a través de Amazon Luna. A oferta de agosto combina clásicos da estratexia, aventuras narrativas e propostas multixogador cheas de acción.
Entre os tÃtulos máis destacados que xa poden reclamarse atópanse Sid Meier’s Civilization III Complete, que inclúe as dúas expansións do histórico xogo de estratexia, e Thief: Definitive Edition, onde o xogador se pon na pel do mestre ladrón Garrett nunha cidade asolada polo medo e a corrupción. Tamén está dispoñible The Academy: The First Riddle, unha aventura con numerosos enigmas ambientada nunha escola cargada de misterios.
Ao longo do mes incorporaranse novas propostas como Fate: The Traitor Soul, Filthy Animals | Heist Simulator, Tin Hearts, Necroking, Labyrinth City: Pierre the Maze Detective, Silver Box Classics (unha recompilación de tÃtulos inspirados nos primeiros módulos de Dragonlance), Heroes of Loot 2, Fantasy Empires e City Legends: The Ghost of Misty Hill Collector’s Edition.
Ademais, os membros de Prime Gaming en España e outros paÃses europeos poderán xogar de balde en Amazon Luna a unha selección rotatoria de tÃtulos como Saints Row: The Third, Smurfs Kart, Overcooked! 2, Windjammers 2 ou The King of Fighters ’97 Global Match, sen necesidade de descarga e en dispositivos compatibles como Fire TV. A esta oferta súmanse outros xogos dispoñibles de forma permanente na nube, como Fallout 3: Game of the Year Edition, Rainbow Six Siege, Fortnite ou Trackmania Starter Access.
