Comeza o curso sobre a rede social Linkedin de Compostela Monumental

martes, 21 de xuño do 2022 S. P.

A Asociación Compostela Monumental pon en marcha esta tempada un Curso de Linkedin avanzado a través do seu Programa Integrado de Emprego, na modalidade de teleformación. As sesións formativas, que poñen o foco en mellorar a empregabilidade das mulleres da área compostelá, comezaron este martes 21 de xuño e rematarán o vindeiro 1 de xullo, sendo impartido por Teresa Hernández Armentia, técnica orientadora laboral de Compostela Monumental. As alumnas do programa aprenderán a empregar esta rede social de cara á consecución dun posto de traballo.
Está é unha acción grupal en liña do Programa Integrado de Emprego de Compostela Monumental e da Xunta de Galicia coa seguinte programación:
Módulo 1: Tipos de contas
.- Crear unha conta para a túa empresa, asociación, páxina de vendas…entre outros.
.- Coñecer os diferentes tipos de contas pagas que ofrece Linkedin.
.- Coñecer cal é o tipo de conta paga que se adapta mellor ao que queres lograr.
Módulo 2: Erros comúns en Linkedin
.- Coñecer os erros comúns que se adoitan cometer en Linkedin.
.- Identificar os erros que cometemos ao utilizar Linkedin.
.- Consellos para non volver a cometer erros.
Módulo 3: Faite coñecer
.- Actividades rápidas que podemos facer para ser máis visíbeis en Linkedin.
.- Consellos para ter en conta no momento de facer publicacións.
Módulo 4: Tipos de contactos en Linkedin
.- Os tipos de contactos que forman ou non parte da túa rede de Linkedin.
.- Os tipos de contactos que forman ou non parte da túa rede de Linkedin.
.- Como comunicarche con eses contactos.
.- Como crear unha rede de contactos útiles en Linkedin.
En total, 10 horas formativas.

PUBLICIDADE