Comeza o proceso de dixitalización de datos en sete rexistros civÃs galegos
xoves, 5 de marzo do 2009
A ConsellarÃa de Presidencia, en colaboración Ministerio de
Xustiza, inicia este mes de marzo, segundo vén de anunciar a
web da Sociedade da Información, o proceso de informatización dos rexistros
civÃs delegados, adscritos aos xulgados de paz, de todo o paÃs.
Trátase da segunda fase do programa Rexistro civil en liña, desenvolvido no marco do Plan Avanza, que
ten por obxecto conectar en liña a tódalas oficinas que o rexistro posúe en
cada concello, cunha base de datos central en Madrid.
Esta segunda fase de informatización, levarase a cabo nun
proxecto piloto na nosa comunidade, nos concellos de Ames, Bueu, Guitiriz, Nigrán,
Sada e Teo, (os seleccionados por un comité de seguimento) para,
posteriormente, irse incorporando ao resto dos civÃs delegados ata cubrir os
270 que hai en todo o paÃs.
Ata o de agora, durante a primeira fase, informatizáronse en
Galicia os 45 rexistros civÃs principais, correspondentes ás sete cidades máis
importantes da nosa comunidade e ás 38 vilas cabeceiras de partidos xudiciais
atendidas por un xulgado de primeira instancia.
Nesta iniciativa, o Ministerio de Industria dotou de
equipamento informático ás oficinas, e a ConsellarÃa ocupouse de instalalos e
conectalos á rede corporativa da Xunta asà como á aplicación INFOREG4, a
residente no Ministerio de Xustiza, onde se almacenan os datos sobre o estado
civil de toda a población española.
Esta segunda fase pretende, asemade, levar a cabo a
dixitalización de tódalas inscricións de nacemento, matrimonio e defunción
dende 1950, que quedaron da primeira fase e na nosa comunidade quedarán
almacenadas tanto en galego como en castelán.
Por outra banda, os responsables da iniciativa tamén
veñen de anunciar a creación do portla mjusticia.es,
unha web onde a cidadanÃa poderá solicitar os certificados que precise a través
do servizo de correo electrónico.
