Comezan en Santiago os encontros de AGAPI para profesionais do audiovisual e das novas tecnoloxÃas
xoves, 9 de outubro do 2008

- O NH Obradoiro, sede do foro de profesionais galegos
Entre hoxe e mañá, o Hotel NH Obradoiro de Santiago acolle a celebración dunhas xornadas dirixidas a tomarlle o pulso ao sector das novas tecnoloxÃas co fin de avaliar novos e mellores xeitos de crear, promover e distribuÃr o noso audiovisual. Ou sexa, que o obxectivo destes encontros entre profesionais dun sector (o fÃlmico) e outro (o do dixital e as telecomunicacións en xeral) é afianzar as mellores alternativas cara a unha realidade que cómpre recoñecer: hoxe en dÃa case todo vai camiño de cocerse na Rede.
O evento, organizado por AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes), conta coa achega colaborativa da ConsellerÃa de Innovación e dalgunhas das empresas máis representativas dos ditos sectores, ben galegas ou ben operando en Galiza: Blusens, Sogecable, Televés, Telefónica, Alcatel ou Zed Group. Asemade, está prevista a participación da Universidade de Santiago e da Universitat Pompeu Fabra.
En total, celebraranse cinco mesas de traballo con cadanseu debate: dixitalización de contidos, as novas canles de distribución, a exhibición dixital e a explotación baixo demanda, os novos formatos para os novos medios e as oportunidades de negocio.
Por enriba de todo, este foro pretende ser un espazo de reflexión e de debate, de presentación de experiencias e exhibición de novos contidos perante o continuo proceso de incorporación e cambio das novas tecnoloxÃas no eido audiovisual.
Analizarase a constante evolución da obra audiovisual e de todo o seu proceso de creación, produción, realización, posprodución, distribución e exhibición asà como as novas oportunidades de negocio neste novo contexto tecnolóxico do mundo audiovisual.
