Comezan os apagamentos analóxicos en Galicia

sábado, 5 de abril do 2008 Marcus Fernández

Presentación do plan de desplegue da TDT en Galicia

A Fonsagrada vén de converterse na primeira vila de España en someterse ao apagamento analóxico da televisión, de xeito que a partir de agora a televisión terrestre só se poderá ver en formato dixital na vila luguesa na que nos pasados días se repartiron uns 1.000 descodificadores de balde para facilitar a transición á nova televisión.

Persoal de Protección Civil repartindo receptores de TDT na Fonsagrada

Esta experiencia piloto serve así para analizar a complexidade da transición da televisión analóxica á dixital comezando dende un dos peores escenarios posibles: un concello cunha paisaxe accidentada e grande dispersión poboacional.

Datas do apagamento analóxico en Galicia previstas por Retegal

Aínda que o salto á TDT na Fonsagrada fose toda unha festa, trátase só dun primeiro paso neste proceso de despregue da TDT que Regetal está a desenvolver por toda Galicia, e que a finais de ano se replicará en Ourense Este e Zamora Norte.
Ao longo de 2009 se levarán a cabo os apagamentos analóxicos de Santiago, A Coruña-Ferrol e a cidade de Ourense, mentres que Pontevedra-Vigo e a cidade de Lugo agardarán a abril de 2010 para dicir adeus á televisión analóxica.
Para toda esta operación Retegal investirá 14 millóns de euros en 130 centros emisores, para garantir que o 98% da poboación galega teña acceso á TDT, de aí que o apagamento analóxico da Fonsagrada sexa só un primeiro paso dun proceso modernizador da televisión en Galicia.

Informe sobre o despregue da TDT en Galicia elaborado por Retegal