Commandos anuncia o seu regreso
venres, 13 de xullo do 2018
A
serie de xogos Commandos de Pyro
Studios fixo historia a finais dos anos 90, converténdose no grande referente
dos videoxogos españois, pero o seu estudio non foi quen de manter o seu pulo,
o que resultou evidente tras o fracaso de Commandos
Strike Force (entrega da franquÃa que fuxiu da estratexia en tempo real
para apostar pola acción en primeira persoa), o que levou a Eidos a deixar de
distribuÃr os traballos de Pyro. A compañÃa tentou mudar o seu rumbo,
transformándose tamén sen éxito aos xogos móbiles, o que desembocarÃa na venda
das súas franquÃas a Kaypso Media Group, compañÃa que tras pechar
a compra das marcas de Pyro (Commandos,
Praetorians e Imperial Glory).
Deste xeito Kalypso ten agora a propiedade da marca Commandos, o que teñen pensado aproveitar, ou sexa, que nos
vindeiros anos veremos como chegan ao mercado novos xogos da serie Commandos, que de seguro que captarán a
atención dos seareiros desta saga, especialmente se conservan as súa mecánicas
de estratexia en tempo real que sentaron as bases de moitos xogos actuais.
AÃnda que non dan detalles, o director de Kalypso Media Group asegura que van desenvolver
«xogos completamente novos para todas as plataformas, asà como unha extensiva
adaptación dos tÃtulos existentes a plataformas e tecnoloxÃas contemporáneas»,
ou sexa, que tanto teremos a remasterización dos vellos xogos como novas
entregas.
- Commandos: Behind Enemy Lines supuxo toda unha revolución en 1998