Complétase o borrador do Plan de Dixitalización da CRTVG
venres, 10 de outubro do 2008

- O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, recibiu hoxe nas instalacións da canle autonómica galega o primeiro borrador do Plan de Dixitalización da CRTVG e as súas sociedades
O membros da
Comisión de Dixitalización entregaron hoxe nas instalacións da canle autonómica
galega a Manuel José Fernández Iglesias, director xeral de Comunicación
Audiovisual, o primeiro
borrador do Plan de Dixitalización da CRTVG e as súas sociedades,
para organizar o proceso de dixitalización do ente público que se acometerá
proximamente, e que terá coma obxectivo instaurar un fluxo de traballo sen
cintas, onde os contidos audiovisuais estean dispoñibles dende calquera
ordenador de xeito automático e transiten pola rede de comunicacións
corporativa. O proceso centrarase nun sistema de xestión de contidos audiovisuais,
dotado de ferramentas especÃficas para cada tarefa.
O Proxecto Básico de Dixitalización da CRTVG, TVG e RG define a tecnoloxÃa a
implantar, o equipamento de hardware e software, as necesidades de espazo e
acondicionamento, un plan de formación do persoal e o calendario de actuacións
e orzamento. O proceso distribúese en dúas fases (proxecto piloto en 2009 e
proxecto executivo en 2010) e conta cun orzamento total de 6 millóns de euros.
