Compran a división de xogos de Niantic por 3.500 millóns de dólares
mércores, 12 de marzo do 2025
Scopely, a compañÃa detrás de Monopoly Go! (un dos xogos para móbil de maior éxito económico dos últimos meses) está a anunciar que chegou a un acordo de adquisición do negocio de videoxogos de Niantic, incluÃndo o célebre Pokémon GO, asà como Pikmin Bloom e Monster Hunter Now, nunha operación valorada en 3.500 millóns de dólares.
Niantic levaba un tempo en venda, e aÃnda que a marca Pokémon non é da súa propiedade, é todo un referente no sector dos xogos de realidade aumentada, e Pokémon GO leva dende 2016 manténdose entre os 10 principais xogos para móbil, contando actualmente con máis de 20 millóns de xogadores activos repartidos en máis de 190 paÃses.
Aseguran que no último ano a división de videoxogos de Niantic facturou uns mil millóns de dólares, e dende o seu lanzamento Pokémon Go terÃa xerado uns ingresos totais de 7.900 millóns de dólares, polo que a venda á compañÃa de Arabia Saudita poderÃa ter un prezo xustificado, aÃnda que a súa dependencia de marcas de terceiros pode supor un serio problema a longo prazo.