Comunicación da UDC acolle este mércores unha xornada sobre as novas audiencias dixitais

martes, 25 de outubro do 2022 S. P.

A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña organiza este mércores 26 de outubro as II Xornadas sobre Novas Audiencias na Contorna Dixital. Tocaranse cuestións como as novas tendencias da comunicación e do consumo de contidos, o metaverso, o streaming, as novas plataformas e dispositivos ou o éxito de #DígochoEU. Tamén serán abordadas diferentes propostas e mecanismos para gañar audiencias entre as novas xeracións.
Estas serán só algunhas das cuestións que se tratarán mañá nos relatorios da xornada con catro especialistas que se achegarán a dita temática desde distintos puntos de vista.
Programa
-10:00h.: Inauguración a cargo do decano, Luis Hernández, e as profesoras Ana González e Natalia Quintás, organizadoras das xornada.
-10:10-11:00h.: Ricardo Vaca, presidente da consultora Barlovento Comunicación): A (meta) audiencia en procura do metaverso.
-11:00-12:00h.: Elena Neira, profesora da UOC: Medir audiencias en streaming: un reto infestado de segredos.
-12:00-12:30h.: Descanso
-12:30-13:30h.: Carlos Amado e Esther Estévez (CRTVG) (#DígochoEu TVG): As claves do éxito do #DígochoEu.
As conferencias serán no salón de actos do centro e o acceso é libre.

PUBLICIDADE