Concretan máis detalles de cara ó lanzamento do Zune nos EE.UU.

venres, 10 de novembro do 2006 Marcus Fernández

A vindeira semana o Zune de Microsoft chegará ás tendas norteamericanas, e parece que dende a compañía de Redmond queren ter as cousas atadas e ben atadas, posto que para non ter problemas coa industria musical Microsoft pagará 1 dólar por cara Zune vendido a Universal Music. A Universal compartirá a metade destes ingresos cos autores dos temas.
Ademais, tamén sabemos que a tenda de música que permitirá mercar temas para o Zune terá unha interesante prestación coa que tamén conta a tenda de vídeo da Xbox 360: as descargas múltiples.
Así, os usuarios que teñan unha canción mercada non terán que volver a pagar se a eliminan accidentalmente, xa que o sistema permite ata un total de 5 descargas (ou incluso máis, de pórse en contacto con servizo técnico notificando algunha incidencia) o que supón unha postura moito máis aberta que a de iTunes (que non permite volver a descargar os contidos). Vemos así que Microsoft quere facer todo ben dende o comezo desta aposta difícil na que teñen que competir cun iPod que domina o mercado, e que xa ten gañado ó seu público, polo que so reclamos para achegar novos usuarios teñen que ser atractivos.