Confirman a prohibición do xogo Manhunt 2 no Reino Unido

mércores, 10 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Os reguladores británicos emitiron esta semana un novo informe denegando a cualificación por idade do xogo Manhunt 2, pese a que se presentou nunha versión suavizada que si pasou os filtros correspondentes nos EE.UU., onde se considerou que era un xogo para maiores de idade.
A British Board of Film Clasification determinou que os cambios no xogo non eran suficientes para permitir a comercialización no Reino Unido, o que supón un revés para o sector en tal país, xa que se amosa sometido a un control censor que non existe noutros sectores coma o cine, onde hai películas de terror e violencia que simplemente se cualifican para maiores de idade para permitir a súa difusión, mentres que algúns videoxogos poden prohibirse (o que resulta paradoxal).
Manhunt 2 tería que terse comercializado en España o pasado verán, pero se demorou o lanzamento en espera á súa posible autorización por parte das autoridades británicas (para poder facer un lanzamento europeo) e agora se descoñece o calendario que marcará Take Two para a venda do seu último xogo.

PUBLICIDADE