ConfÃrmase que a Switch 2 ten unha pelÃcula protectora na súa pantalla
luns, 2 de xuño do 2025
Este xoves chega ás tendas a Nintendo Switch 2, e xa hai quen se molestou en botar unha ollada ao seu manual de seguridade, que recolle un detalle moi importante que pode lembrarnos ao que aconteceu no seu dÃa cos smartphones Samsung Galaxy Z Fold: a pantalla integra unha pelÃcula protectora.
Ao igual que retirar a pelÃcula protector dos móbiles encartables de Samsung podÃa estragar a pantalla, no caso da Nintendo Switch 2 advirten de que «a pantalla vai cuberta cunha pelÃcula deseñada para evitar que se desprendan fragmentos no caso de sufrir algún desperfecto» instando ao usuario a non retirala.
Son moitos os dispositivos que veñen cunha pelÃcula protectora aplicada, e aÃnda que era bastante habitual a súa retirada no pasado, nos dispositivos actuais cómpre revisar sempre o manual de uso, pois o que pode parecer un plástico protector simplemente para evitar riscadas durante o seu transporte pode non ser tal, e cumprir unha función fundamental para o bo funcionamento do produto, máis aló dun factor estético.

- O manual de seguridade da Switch 2 advirte da necesidade da pelÃcula protectora preaplicada
