Crean unha web colaborativa sobre estilos e tendencias de moda

venres, 18 de maio do 2007 Marcus Fernández

As redes sociais no que se vén dando en chamar Web 2.0 conta xa cun novo xogador no taboleiro: Modeate. Esta nova web pretende crear unha comunidade de adictos á moda, deseñadores e, en xeral, interesados en compartir o seu gardarroupa, os seus deseños de moda e os seus gustos polas últimas tendencias a través da Internet.
Modeate propón así a publicación de estilos propios para convertelos en tendencias, buscando a colaboración do resto de usuarios, que poden comentar, votar e achegar contidos a este novo espazo virtual centrado no mundo da roupa.

PUBLICIDADE