Cuatro estreará un concurso que combina televisión e Internet

xoves, 7 de xuño do 2007 Marcus Fernández

O 11 de xuño comezará o concurso Atrápalo, que combina televisión e Internet, de xeito que pode participar calquera persoa con acceso á Rede durante as 24 horas do día, mentres que en Cuatro emitirán un programa diario de un minuto de duración no que se reproducen os momentos máis divertidos da experiencia na Internet.
O xogo durará 21 días de xeito que o domingo 1 de xullo se emitirá un programa televisivo coa grande final, coñecéndose os gañadores dos 4 achados (premios do programa) consistentes en 1 viaxe a Nova Celandia para 2 persoas, con aloxamento e aluguer dun todoterreo por 3 euros, 2 voos a Hong Kong en clase business por 0,8 euros (taxas incluídas), 2 entradas para o Grand Prix de Fórmula 1 de Brasil, voo e estancia incluídas por 1,5 euros/persoa e 1 cea en Bulli para dúas persoas, incluída a estancia de fin de semana en hotel na praia por 4 euros.
Durante o xogo un personaxe permanecerá encerado nunha páxina web, mentres que o público deberá entrar ó personaxe, collelo polas solapas e sacudilo con graza para que solte participacións durante menos dun minuto, podendo cada xogador participar só unha vez ó día. Así, os usuarios que máis participacións consigan máis posibilidades terán de facerse cos achados antes medionados.