Cyberpunk 2077 inspira numeroso hardware para Xbox One
martes, 21 de abril do 2020
A
filtración de hardware de Xbox inspirado no xogo Cyberpunk 2077 confirmouse
certa, de xeito que non só sabemos que vai saÃr á venda unha edición limitada
da Xbox One X co xogo Cyberpunk 2077, senón que o
mando sen fÃos personalizado que incluirá esa consola non se fará agardar e xa
está á venda por 69,99 euros, de xeito que os amantes da estética cyberpunk
poden anticiparse ao lanzamento do xogo Cyberpunk
2077, que non verá a luz até o mes de setembro.
Pero estes non serán os únicos produtos para Xbox One que chegarán cunha
estética inspirada en Cyberpunk 2077, senón que tamén porase á venda
unha base de carga para mandos de Xbox One que vén de saÃr á venda en EE.UU. e
Canadá, comercializaranse discos duros externos de Seagate con tamaños de 2 e 5
TB que tamén presentarán a estética inspirada no xogo, e que poranse á venda en
xuño; e no mesmo mes van pór á venda tamén auriculares
sen fÃos Artics 1 cunha estética inspirada en Cyberpunk 2077 e con
tecnoloxÃa de baixa latencia e micrófono con cancelación de ruÃdo, que pode
empregarse na Xbox One, en PC, en Nintendo Switch, en dispositivos Android e na
futura Xbox Series X. Estes últimos auriculares teñen unha autonomÃa de até 20
horas, un alcance de até 9 metros e un prezo recomendado de 129,99 euros.
- Os novos auriculares para Xbox One teñen micrófono con cancelación de ruÃdo e conexión de baixa latencia
VÃdeo promocional da Xbox One X inspirada en Cyberpunk 2077
- Os auriculares inspirados en Cyberpunk 2077 tamén funcionan en dispositivos con Android