Dan a coñecer os resultados da poxa de dominios de Sedo
venres, 15 de maio do 2009
Hai uns dÃas celebrouse unha importante
poxa de nomes de dominios de Internet en español, o que serviu para
tomarlle o pulso a este mercado, que parece que ao non corresponder a nomes
xenéricos en inglés non consegue acadar as cifras astronómicas que de cando en
vez vemos na prensa, e asà o dominio mellor pagado serÃa ingles.es (vendido por
15.000 euros) seguido por alarmas.es (7.150 €), agua.es (4.550 €), liga.es
(2.550 €) , concierto.es (1.700 €) e outros ata chegar aos discretos 130 euros
de desplazamientos.com, o que da a entender que é difÃcil pegar un pelotazo con estas vendas, aÃnda que
cómpre destacar que existiron poxas máis elevadas ás mencionadas, pero non
chegaron ao prezo mÃnimo de reserva do comprador.
Fixéronse
989 poxas de 155 poxadores de 18 paÃses diferentes, e moitos dos dominios
que quedaron sen vender están a recibir agora novas ofertas, polo que aÃnda que
o evento non levantase titulares de prensa, parece todo un éxito, que indica
que a compra/venda de dominios pode ser unha actividade seria, moi afastada dos
cybersquatters, ou secuestradores de dominios.
