Dark Souls III formará parte do Humble Monthly de marzo

venres, 2 de febreiro do 2018 Marcus Fernández

Por se non chegaba con que Humble Bundle ofrecese esta quincena un impresionante lote de xogos de Rockstar Games, a súa oferta de lotes mensuais coñecida como Humble Monthly, que por 12 dólares/mes ofrece unha selección de xogos valorados en máis de 100 dólares a un prezo fixo e que carece de compromiso de permanencia, durante o que dura este mes obsequia aos subscritores co grande xogo Dark Souls III e a súa expansión Ashes of Ariandel, o que é unha magnífica oportunidade para facerse cun importante xogo valorado en 59,99 euros (sen a citada expansión).
Aínda que Dark Souls III é un xogo que estará incluído no Humble Monthly de marzo, os usuarios que se subscriban en febreiro poderán desbloquealo sen ter que esperar a que remate o mes, xa que recibirán o código para engadir o xogo á súa colección de Steam.

Quen se subscriba este mes ao Humble Monthly poderá gozar xa de Dark Souls III

PUBLICIDADE