Dead of Alive 6 estrea versión de balde

venres, 15 de marzo do 2019 Marcus Fernández

O mes comezou co lanzamento do xogo de loita Dear or Alive 6, que para chegar a unha maior base de xogadores estreou hoxe a súa edición free-to-play coñecida como Dead or Alive 6: Core Fighters, que podemos descargar de balde para Xbox One, PlayStation 4 e PC, para así gozar dos modos principais modos de xogo (agás o modo historia) e de 4 loitadores (Kasumi, Bass, Hitomi e Diego) de xeito que se queremos desbloquear ao resto de personaxes e do modo historia será preciso adquirir eses contidos por separado en formato descargable.
Temos así un xeito ideal de introducirnos nun xogo de loita moito máis completo e profundo do que moitos poderían pensar, que ofrece unha experiencia cunha personalidade de seu, que satisfará a moitos amantes deste xénero, que en moitas ocasións, tras o petisco que ofrece esta versión de balde quererán probar o xogo completo que até o mes de xuño recibirá novos contidos a través do seu correspondente pase de tempada.

JPEG - 129 KB
Diego é un dos novos personaxes de Dead or Alive 6 que está incluíndo no conxunto de loitadores de balde

Tráiler de lanzamento de Dead of Alive 6: Core Fighters

PUBLICIDADE