Death Stranding 2 inspira un mando de edición limitada

xoves, 8 de maio do 2025 Marcus Fernández

Dende Sony están a quecer motores de cara ao lanzamento do xogo Death Stranding 2: On The Beach o vindeiro 26 de xuño, e para acompañar a este título de Kojima Productions anuncian que ese mesmo día estrearán tamén un mando sen fíos DualSense de edición limitada inspirado no xogo, que estará dispoñible a un prezo de 84,99 euros e poderá reservarse a partir do vindeiro día 22 ás 10:00 horas na tenda oficial en liña de PlayStation.
O mando en cuestión é bastante discreto, pois falamos dun mando DualSense de cor negra que limita a súa personalización a incluír de xeito moi disimulado unha serigrafía co logotipo de Death Stranding 2 na parte inferior, mentres que na parte superior do mando presenta elementos gráficos propios da compañía Drawbidge, para a que traballa o protagonista do xogo na súa tarefa para reunificar á humanidade.

Hideo Kojima presentou o mando inspirado en Death Stranding 2