Denuncian o mal funcionamento da páxina web da Renfe

mércores, 25 de marzo do 2009 Marcus Fernández

En navegadores web coma o Firefox alértase da falta de seguridade da web da Renfe

A primeiros do ano pasado a Renfe anunciou que a xestión dos seus sistemas corporativos estarían xestionados por Indra a través dun contrato por importe de 11,5 millóns de euros enmarcado dentro do Plan Estratéxico de Sistemas de Información de Renfe, ao que a compañía ferroviaria tiña previsto destinar 127,5 millóns de euros ata 2010 coa finalidade de renovar integramente os seus sistemas de información e infraestrutura tecnolóxica, pero todas estas intencións quedan ensombrecidas por unha mera crítica realistas sobre o mal funcionamento da páxina web da compañía, na que os clientes teñen que facer fronte a serios problemas de usabilidade, no que definen coma «un insulto aos viaxeiros», que comeza escandalosamente cunha páxina de advertencia ao intentar acceder a páxinas supostamente seguras de Renfe.es, que empregan un certificado que non é válido (por non incluír información de identidade, o que fai saltar as alarmas de calquera usuario precavido no uso de plataformas de comercio electrónico, como tamén acontece coa páxina web para solicitar a cita previa para a expedición do DNIe), conta con opcións que só funcionan axeitadamente no Internet Explorer (que é exclusivo de Windows, polo que suporía a discriminación dun número considerable de usuarios) e funcións como a de imprimir un billete poden supor toda unha odisea. Non é de sorprender que xa cualifiquen o caso coma «vergoña nacional».

Os problemas de funcionamento da web da Renfe incluso inspiran tiras cómicas

PUBLICIDADE