Denuncian que moitos operadores non confían no apagamento analóxico

xoves, 13 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Durante a celebración do II Congreso de TDT organizado pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información o vicepresidente de ASIMELEC, Jesús Casado, declarou que o sector percibe certo desinterese por parte de moitos operadores con respecto da Televisión Dixital Terrestre, destacando a situación actual «precisa obxectivos claros e que a data do 2010 para o apagamento tecnolóxico non se toque. O apagamento analóxico é necesario e posible».
Casado denuncia que hai zonas de España e radiodifusores que non están a tomar as medidas necesarias para que o sinal chegue coa suficiente calidade e resolución da imaxe, e tamén pediu que os servizos interactivos se normalicen cunha «única versión do MHP para todos e dirimir quen o paga».

PUBLICIDADE