Desenvolven un sistema para a realización de informativos virtuais automatizados
xoves, 5 de outubro do 2006
A translación de información gráfica e textual a vÃdeo resulta cara e complexa, pero comezan a aparecer solucións que automatizan a difÃcil conversión que, aÃnda que teñen moito que evolucionar, están a dar pasos adiante significativos, coma News At Seven, que é un informativo televisivo xerado completamente por ordenador de xeito automático.
O novo sistema aproveita o motor gráfico do xogo Half-Life 2 para xerar un programa informativo, no que se amosa a unha presentadora en primeiro plano que mediante tecnoloxÃa text-to-speech (texto-a-voz) comentará as novas que se acheguen da Internet, mentres que de fondo se poden ver imaxes ou vÃdeos relativos á nova tratada.
AÃnda falta moito para que este tipo de tecnoloxÃa poida xerar un informativo de calidade, xa que o sistema aÃnda está nunha fase moi incipiente do seu desenvolvemento, pero podemos agardar que no futuro se mellore dende a pronunciación oral (para facela máis humana e menos robótica) ata a aparencia visual (que si precisa unhas melloras máis importantes) pero créase o xermolo do que poderÃan ser informativos de vÃdeo automáticos, elaborados ó gusto do consumidor, que tanto poderÃa aparecer na Internet coma nos medios tradicionais (non esquezamos que xa hai canles televisivas que empregaron presentadores virtuais).
