Destacan que máis do 40% das webs galegas dependen de cartos públicos
venres, 18 de maio do 2007
O investigador Carlos MacÃa participou
nunha conferencia durante esta semana na que se fixeron públicos uns datos
que agora dan que falar, pois ó comparar o desenvolvemento da Sociedade da
Información en Galicia e Irlanda púidose
contrastar que, mentres en Irlanda as empresas empregan a Rede para
introducirse nos mercados internacionais, en Galicia céntranse principalmente
na Administración, na cultura e no turismo, destacando que o
42,4% das nosas webs están relacionadas co sector público.
MacÃa tamén engadiu que o número de webs irlandesas dobra ó das galegas en
relación coas nosas poboacións, pois en Galicia só hai 37 webs por cada 10.000
habitantes (fronte ás 76 e Irlanda), sendo máis preocupante a falta de contidos
sobre o rural, que non chegan á terceira parte das webs.
Un detalle positivo que si se atopou no estudo de MacÃa é que as webs en galego
son algo habitual no paÃs, mentres que o
gaélico nas webs irlandesas é residual.
O relatorio de MacÃa tamén se pode consultar na Rede:
