Desvelan a listaxe de Xogos con Gold de decembro

mércores, 22 de novembro do 2017 Marcus Fernández

Durante o mes de decembro os subscritores Gold de Xbox LIVE recibirán, como vén a ser habitual, catro xogos na súa colección persoal, dos que 2 son para Xbox One e outros 2 son para Xbox 360, pero retrocompatibles (ou sexa, que poden gozarse nas novas consolas de Microsoft), e hoxe adiantan os que serán os novos Xogos con Gold.
Por unha banda, o 1 de decembro os usuarios de Xbox One recibirán Warhammer: End Times - Vermintide, un FPS cooperativo ambientado no universo de Warhammer, mentres que o 16 de decembro o xogo dispoñible será a edición 30º aniversario de Back to the Future: The Game, aventura gráfica de Telltale Games que convídanos a revivir as aventuras de Marty McFly en Regreso ao Futuro.
Os xogos de Xbox 360 de xaneiro serán, na primeira metade o orixinal e hipnótico Child of Eden, e, na segunda metade, Marlow Briggs and the Mask of Death, xogo de acción en terceira persoa que pretende replicar os filmes de acción máis esaxerados.

Vídeo promocional dos Xogos con Gold de decembro

PUBLICIDADE