Desvelan a relación de Xogos con Gold de novembro

xoves, 26 de outubro do 2017 Marcus Fernández

Parece que a oferta de Xogos con Gold continúa frouxa, e pouco hai que destacar dos xogos que se incluirán aos subscritores de Xbox LIVE Gold no mes de novembro, xa que ningún dos catro títulos foi un supervendas, aínda que si que algún dos xogos ten o seu encanto.
Primeiro temos que o 1 de novembro chegará aos usuarios de Xbox One o xogo Trackmania Turbo¸ xogo de condución arcade con numerosas pistas que percorrer que incluso permite deseñar as nosas propias pistas ou xeralas aleatoriamente, conseguindo así unha diversión máis duradeira.
A partires do 16 de novembro o xogo de Xbox One que estará dispoñible será Tales from the Borderlands, título de Telltale Games baseado na franquía de Borderlands que reparte unha aventura en 5 episodios.
Para Xbox 360 (con retrocompatibilidade con Xbox One) chegará primeiro Nights into Dreams... durante a primeira metade do mes, mentres que na segunda metade será o Deadfall Adventures o título dispoñible. Desta volta é especialmente reseñable NiGHTS, por ser un remake dun clásico de Saturn, de xeito que estariamos ante un xogo que agradecerán especialmente os amantes das consolas retro.

NiGHTS permítenos recuperar un xogo nacido na malograda consola SEGA Saturn.

Vídeo promocional dos Xogos con Gold de novembro

PUBLICIDADE