Desvelan os xogos que incluirá Stadia Pro en xaneiro
xoves, 26 de decembro do 2019
A
plataforma de xogo na nube de Google tivo unha estrea irregular, que levou a
que os subscritores de Stadia Pro recibisen un total de 4 xogos como recompensa
(Destiny 2, Samurai Shodown, Farming Simulator 19 e Tomb
Raider), e semella que esta fórmula para compensar o pouco que ten aÃnda
que ofrecer a plataforma continuará nos vindeiros meses, pois veñen de anunciar
que a
partires do 1 de xaneiro os subscritores recibirán os xogos Rise of the Tomb
Raider: 20 Year Celebration (o segundo xogo da nova serie de Lara Croft) e
o xogo rÃtmico Thumper (tÃtulo independente de hai máis de 3 anos).
Tomb Raider: Definitive Edition poderá reclamarse ata o 31 de decembro,
e Destiny 2: The Collection, Samurai Shodown e Farming Simulator
19 ata o remate de xaneiro, dando a impresión de que Stadia Pro terá un
funcionamento moi semellante a Xbox LIVE Gold e PlayStation Plus, de xeito que
permitirá incorporar xogos á colección dos usuarios mentres paguen a subscrición,
aos que perderán o acceso se deixan de pagar mensualmente. Tamén parece que Google
seguirá a mesma estratexia de ofrecer grandes xogos aos seus subscritores só en
momentos puntuais, de xeito que haberá que afacerse a tÃtulos pouco relevantes
(na liña de Thumper), pois non podemos esquecer que Stadia Pro non se
centra nos xogos incluÃdos, senón na potencia que ofrece ao xogador á hora de
xogar na nube (sendo unha interesante opción para quen queira gozar de xogos en
resolución 4K sen ter que adquirir unha consola ou ordenador de alta gama).
