Detalles sobre as múltiples versións de FIFA 09
mércores, 9 de xullo do 2008
Para o outono chegará
o agardado FIFA 09 a distintas
plataformas de xogo, pero xa se coñecen moitos detalles do que posiblemente
sexa o tÃtulo que sente as bases dos simuladores de fútbol para os vindeiros
anos. AsÃ, as versións para Xbox 360 e PS3 contarán con máis de 250
caracterÃsticas novas, mellorando a estrutura básica do xogo, aÃnda que o que
notarán máis os usuarios nun primeiro momento será o motor gráfico mellorado
que presentará uns detalles realmente destacables (engadindo realismo ás cargas
legais entre xogadores, aos choques de ombro contra ombro ou ás loitas polo balón).
A nivel táctico o xogo tamén destaca por permitir cambiar de estratexia e de posicións
en calquera momento do xogo. Tamén contaremos coa posibilidade de elixir a un
xogador (ou crear un propio) para melloralo durante 4 tempadas para convertelo
nunha lenda do balón.
A versión de PC estreará un motor gráfico que fará que esta versión do xogo non
teña nada que envexar ás consolas de alta definición, mentres que para Wii
deixarase un pouco de lado as pocións de simulador e tenderase a un xogo máis
divertido e para un público casual (tirando máis proveito do sistema de control
da Wii e menos duns gráficos coidados).
As versións para as consolas portátiles Nintendo DS e PSP permanecerán
continuarán a liña de versións anteriores (aÃnda que incorporando o modo Convértete en Profesional, e dende EA
Sports tampouco queren dicir aÃnda adeus á PlayStation 2, polo que a versión
para a veterana consola mellorará anteriores entregas.
Pouco máis se pode dicir deste prometedor tÃtulo, do que xa se filtrou un vÃdeo
de baixa calidade no que nos podemos facer unha idea do que nos agardará en FIFA 09: