Devil May Cry 4 chegará a PC no verán
venres, 6 de xuño do 2008
A saga de Devil May Cry levou a súa cuarta entrega
ás consolas Xbox 360 e PlayStation 3, impresionando aos seus seguidores cuns
gráficos realmente impresionantes dos que non queren marxinar aos usuarios de
PC, polo que durante este verán estrearán unha nova versión do xogo que contará
coa etiqueta de Games for Windows e
do que xa podemos descargar
unha versión de demostración de 804 Mbytes que nos permite comprobar
en primeira persoa se o noso ordenador é capaz de facer correr o novo xogo, asÃ
como darnos unha impresión do que nos dará este tÃtulo que promete achegar
animacións de ata 60 fotogramas por segundo a alta resolución (só ao alcance
dos equipos máis potentes), ou sexa, que nalgúns casos incluso poderÃa mellorar
a experiencia das versións de consola.
A demo do xogo permite xogar
durante só 10 minutos, mentres que a versión definitiva incluirá
novos modos de xogo e contidos adicionais que non se viron en versións
anteriores, entre os que podemos destacar o Legendary
Dark Knight Mode, que permitirá que os xogadores con ordenadores moi
potentes poidan enfrontarse
simultaneamente a un número incrible de inimigos, o que tamén
incrementa a dificultade do xogo.
Devil May Cry 4 para PC funionará
tanto con DirectX 9 coma con DirectX 10, nos permite encarnar tanto a Nero como
a Dante e promete levar os ordenadores unha aventura épica que está a trunfar nas
consolas de videoxogos (foi o xogo máis vendido en España para PS3 e o 2º máis
vendido para Xbox 360 no mes de febreiro).