Diablo chegará ao Game Pass

martes, 7 de xaneiro do 2025 Marcus Fernández

O catálogo de xogos incluídos no Game Pass esta semana son bastante mediocres (Road 96, Lightyear Frontier, My Time at Sandrock, Robin Hood – Sherwood Builders e Rolling Hills) no que semella a preparación dos pratos fortes da semana que vén, xa que o 14 de xaneiro estarán dispoñibles os xogos Diablo e UFC 5.
Concretamente poderán gozar en PC do clásico Diablo os subscritores ao Game Pass Ultimate ou ao PC Game Pass, mentres que EA Sports UFC 5 estará dispoñible para consolas Xbox Series X|S e a través da nube para subscritores de Game Pass Ultimate ou de EA Play.
EA Sports UFC 5 é a entrega de 2023 do xogo de artes marciais mixtas de EA Sports, que reflicte con grande realismo os enfrontamentos dun dos deportes de contacto de moda nos últimos anos; mentres que Diablo é un grande clásico de Blizzard, que por fin estará dispoñible para subscritores do Game Pass grazas á adquisición de Activision Blizzard por parte de Microsoft.