Digi ofrecerá servizos de televisión de pagamento
luns, 4 de setembro do 2023
Nos últimos meses
non cesan as informacións sobre o crecemento meteórico de Digi, operador que
está a ser dos máis favorecidos no xogo de portabilidades tanto en liñas
móbiles como en conexións de fibra óptica, e aÃnda que actualmente a compañÃa
se centra en ofrecer prezos agresivos, nunha entrevista ao seu director xeral,
Marius Varzaru, deixan claro que pretenden
aproveitar a fusión entre Orange e MásMóvil para acelerar o seu crecemento.
Varzaru asegura que actualmente teñen unha base de clientes de 4,3 millóns de
liñas de móbil e de 1,1 millóns de clientes de banda larga fixa, e cren que
rematarán o ano cunha facturación de 600 millóns de euros (fronte os 500
millóns do ano pasado). Incluso atrévese a asegurar que, se non hai cambios
importantes na estrutura de costes, manterán os seus prezos axustados a longo
prazo.
Pero aÃnda que actualmente só ofrecen telefonÃa e Internet, Varzaru adianta que
están a traballar na incorporación á súa oferta nun servizo de televisión de
pagamento, seguindo os pasos da súa matriz romanesa (que conta con 5,4 millóns
de liñas de televisión de pagamento).
Sobre a posible fusión de Orange e MásMóvil, asegura que, de resultar Digi gañadora
da poxa polos remedies das compañÃas (ou sexa, da venda da parte
redundante das infraestruturas dos operadores que prevén unirse), terÃan
que realizar un investimento a longo prazo de máis de 2.000 millóns de euros, converténdose
no cuarto operador do mercado español.