Digital+ achégase ós móbiles 3G de Vodafone

mércores, 27 de decembro do 2006 Marcus Fernández

Vodafone España asinou un acordo co grupo Sogecable de xeito que este xoves estreará o servizo Digital Móvil, de xeito que os clientes de Vodafone live! con terminais UMTS (de telefonía móbil de terceira xeración) poderán recibir unha oferta de televisión no móbil con contidos de Digital+ que comezarán coas canles Canal+ Móvil, Cuatro Móvil, 40TV, XPRSS, 40 Latino Mini, CNN, Jetix, Viajar Móvil, Caza y Pesca Móvil, Méteo e Taquilla X Promocional, ó que se irán incorporando novas canles nos vindeiros meses.
O novo servizo poderase contratar por 6 euros/mes e os usuarios que o subscriban poderán acceder de balde ós contidos ata Semana Santa, pagando só o prezo de conexión a Vodafone live!.