Digital+ emprega un blog para promocionar unha nova canle televisiva

mércores, 2 de maio do 2007 Marcus Fernández

A plataforma española de televisión por satélite Digital+ estrea a canle TNT no seu dial 45, de xeito que achegan á súa oferta unha das canles máis populares nos EE.UU. polos seus contidos de cine, series, música e mesmos animación para adultos, e para propocionar esta nova incorporación á grella televisiva crearon un blog coñecido coma El Día TNT dende o que anuncian un evento para o vindeiro 10 de maio que se celebrará en Madrid.
O blog inclúe promocións do evento tanto a xeito de imaxes incitando á asistencia a gala que terá lugar no centro de Madrid coma divertidos vídeos nos que se anuncia a chegada do Día TNT. Un caso máis de marketing viral a través da Rede, que non parece que vaia a acadar moita repercusión (precisamente porque resulta demasiado evidente e non invita á súa difusión por parte dos internautas).