Dinahosting promove o .gal entre empresas e profesionais

xoves, 20 de febreiro do 2020 Redacción

Dinahosting arrancou en febreiro cun máis que interesante desconto para o rexistro de dominios galegos. Segundo fai saber a empresa con sede en Santiago, quen queira facerse cun dominio .gal pode adquirilo por 15 euros máis un ano de alta máis un ano de renovación. Dinahosting lembra que o dominio de primeiro nivel da comunidade lingüística e cultural de Galicia achega importantes posibilidades para as empresas e os profesionais, non só para as nosas, que contribúen a facer marca e a gañar prestixio e identidade, senón tamén para as de fóra, que vén como se facilita o camiño para chegar ao mercado galego e aos seus clientes.
A empresa, que é rexistradora acreditada pola Asociación PuntoGal (encargada de impulsar a presenza do dominio galego) recorda tamén que de trasladarmos o noso dominio .gal a Dinahosting poderemos levar tres meses de hospedaxe NVMe de balde, que, entre outras cousas, brindaranos a vantaxe de contar cun “extra de velocidade”. A isto cómpre engadir os seguintes servizos: redireccionamento web, correo web, xestor de DNS completo, servizo de estacionamento, renovacións automáticas e soporte profesional 24/7.

PUBLICIDADE