Disney Interactive anuncia o seu propio Rock Band para as consolas de Nintendo

xoves, 28 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Disney Interactive anunciou que vai lanzar un xogo musical para Nintendo Wii e DS, Ultimate Band, que segue a estela de Guitar Hero e Rock Band, aínda que non empregará periféricos adicionais, de xeito que na Wii se manexará co Wiimando e o Nunchuk, mentre sque na DS tirará proveito da súa pantalla táctil. Será así un xogo menos realista que os seus predecesores, aínda que resultará máis económico.
O xogo incluirá un amplo repertorio de temas que irán dende os anos 60 ata a actualidade, e no caso da versión para DS incluso permitirá que os usuarios compoñan os seus propios temas aplicando distintos efectos de mestura.
Ultimate Band non se limitará á guitarra eléctrica, senón que tamén nos permitirá emular o uso da batería, o baixo ou tomar o papel do vocalista. Amais, os personaxes que dar forma ós compoñentes do grupo musical virtual serán personalizables.
O lanzamento deste novo título está proxectado para o vindeiro Nadal.

PUBLICIDADE