Disney+ amplÃa o seu catálogo con Star
martes, 23 de febreiro do 2021
Chegou
o 23 de febreiro e Disney+ recibiu en Star, un curioso xeito de ampliar o seu
catálogo de contidos con filmes e series para público adulto, que prefiren segregar
como unha marca separada que facilita a
comprensión do seu sistema de control paterno, aÃnda que tamén pode
entenderse que é un xeito de dar unha grande visibilidade ao incremento do
catálogo dispoñible para asà xustificar unha suba de prezo do servizo en 2 euros/mes
ou 20 euros/ano.
Con Star a plataforma de vÃdeo baixo demanda de Disney recibe series como Prison
Break ou Mujeres Desesperadas, sagas como Alien ou Predator, e incluso filmes de superheroes que deixaran á marxe de Disney+ por
considerar que non eran aptos para menores (como Deadpool); e a todo isto iranse engadindo producións exclusivas
baixo o selo Star Originals.
AÃnda que Disney+ chegou decepcionando polo seu reducido catálogo de contidos e
a grande ausencia de novidades cada mes en contraste co frenético ritmo de
Netflix, a pandemia provocou un cambio de rumbo, facendo que Disney apostase
dun xeito moi decidido polo dixital, e tras o anuncio de numerosas series de
Marvel e Star Wars, asà como coa chegada de Star enténdese que esta plataforma
pode chegar a manter o seu crecemento pese a custar agora 8,99 euros/mes.