Disney deixa ver as súas películas de balde pola Rede

mércores, 11 de xuño do 2008 Raquel Noya

Devagar, os grandes produtores e donos das industrias cinematográfica e musical semellan (a certos niveis) ir deixando un pouco de lado esa arela ou piar fundamental de converter en ouro todo o que crean tirando partido (se é preciso) ata dos máis desprotexidos en materia de consumo: os nenos.
Desta volta é Disney a compañía que, rendéndose á presión dos consumidores que á fin son os que definen as normas deste xogo do tirapuxa, permite ver, por primeira vez, algunhas das súas películas enteiras por Internet e totalmente de balde.
Iso si, os filmes que pon a disposición dos internautas non son os máis taquilleiros do intre (tal e como era de agardar) pero tiveron a súa etapa de gloria e, amais, fixeron que o selo recadara cifras millonarias mentres estiveron nos cinemas de todo o mundo.
Tamén era algo que se podía prever o feito de que os espectadores tiveramos que chuchar varios minutos de publicidade antes de ver as películas pero tamén a temos que aturar no cinema e nas películas que alugamos e non por iso deixamos de pagar por velas.
Polo de agora este servizo só está a disposición dos internautas que se conectan dende os Estados Unidos pero nós non perdemos a esperanza de que chegue ao noso país e aplaudimos esta iniciativa levada a cabo por este grande da industria cinematográfica.
O Marabilloso Mundo de Disney, que é como se coñece o servizo, xa está funcionando e ata o vindeiro 13 de xuño os nenos daquel país poderán ver a película Buscando a Nemo. As outras películas anunciadas para esta primeira tempada son: