Disney+ emitirá a Champions League feminina os vindeiros 5 anos
venres, 23 de maio do 2025
As plataformas de vÃdeo baixo demanda seguen a avanzar no mercado dos contidos deportivos, e agora The Guardian informa de que Disney+ reforza a súa aposta polo deporte en directo ao asegurarse os dereitos de emisión da UEFA Women’s Champions League a partir da tempada 2025-2026 en varios paÃses europeos.
A plataforma de streaming comprométese a emitir todos os partidos da competición en directo durante os vindeiros cinco anos, o que supón un salto cualitativo na cobertura do fútbol feminino de elite en Europa.
DAZN, que ata agora posuÃa os dereitos, porá fin á súa etapa coa final deste sábado entre o Arsenal e o Barcelona en Lisboa, que poderá seguirse en aberto a partir das 17:00.
Disney+, con preto de 125 millóns de subscritores en todo o mundo, terÃa presentado unha proposta moi competitiva, non só no aspecto económico, senón tamén en termos de calidade e planificación de produción, con intención de dar un salto significativo na presentación televisiva da competición.
A vindeira tempada, a Women’s Champions League estreará un novo formato: pasará da fase de grupos con 16 equipos a unha fase de liga con 18 conxuntos, cunha clasificación xeral única que dará paso a unha rolda de playoffs e, despois, ao formato tradicional de eliminatorias.
ACTUALIZACIÓN: Disney+ vén de confirmar que se fixo cos dereitos da UEFA Women’s Champions League para Europa durante as tempadas da 2025/26 á 2029/30, comezando a súa cobertura no mes de outubro e ofrecendo os 75 partidos da competición en directo e sen cargo adicional aos seus subscritores.
Anuncio oficial da adquisición dos dereitos da UEFA Women’s Champions League por parte de Disney+