Don King dará o seu nome a un novo videoxogo de boxeo

luns, 10 de decembro do 2007 Marcus Fernández

O coñecido promotor puxilístico Don King apadriñará o xogo de boxeo Prizefighter, que sairá na primavera de 2008 e pretenderá facer un achegamento cun realismo inédito ó deporte das 12 cordas.
O novo xogo correrá da man de 2K Sports, a división deportiva de Take-Two Interactive, e chegará ás consolas Xbox 360, Nintendo Wii e Nintendo DS. O presidente da compañía, Christoph Hartman, asegura que o xogo achegará unha «combinación de cuadriláteros reais, argumento e gráficos fotorrealistas» que converterá a este xogo nun título imprescindible para os afeccionados ó deporte.
Don King presents: Prizefighter será desenvolvido polos creadores dos últimos xogos de Rocky para Xbox e PS2, o que parece unha garantía de calidade e realismo.

PUBLICIDADE