Donkey Kong estreará un xogo de carreiras este venres

mércores, 23 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Donkey Kong hai moitos anos que non é un gorila que lanza barrís a Mario, e protagonizou bastantes videoxogos (e mesmo unha serie de televisión) chegando a súa vindeira entrega o día 25, que será un xogo de carreiras no que se poderá elixir a un total de 16 personaxes (8 do clan Kong e 8 da panda Kremlin).
Donkey Kong Jet Race será un impresionante título para Nintendo Wii que fará uso do mando da Wii e do Nunchuck para acadar grandes velocidades mediante a axitación dos mesmos, así como para moverse e saltar os distintos obstáculos que aparecerán no camiño.
Para incrementar a diversión deste xogo se permite a participación de ata 4 xogadores e a resolución de retos. O prezo de venda recomendado para este novo título é de 49,90 euros.

PUBLICIDADE