Dragon Ball Z: Burst Limit podería chegar a España antes do verán

venres, 14 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Son Goku loitando contra Nappa no futuro xogo para Xbox 360 e PS3Os afeccionados á serie de televisión As Bolas Máxinas que conten cunha das consolas de videoxogos de alta definición (a Xbox 360 ou a PlayStation 3) seguro que están ansiosos por xogar a Dragon Ball Z: Burst Limit, o xogo de Atari que permitirá encarnar ós personaxes de Akira Toriyama en impresionantes combates que mesmo se poderán realizar en liña.
Atari Iberia distribuíu unha nota de prensa na que dan a entender que ese agardado xogo chegará a España antes do verán, ou sexa, que sería pouco despois do lanzamento nipón o vindeiro 6 de xuño.
Para facerse unha idea da espectacularidade do novo xogo podemos ver o trailer xaponés do mesmo:

PUBLICIDADE