Dragon Quest I & II HD-2D Remake chegará o 30 de outubro
martes, 27 de maio do 2025
Square Enix vén de anunciar que Dragon Quest I & II HD-2D Remake estará dispoñible o 30 de outubro de 2025 para Nintendo Switch, Nintendo Switch 2, PlayStation 5, Xbox Series X|S e PC (Steam e Microsoft Store para Windows). Este lanzamento recupera os dous primeiros xogos da lendaria saga Dragon Quest cun renovado estilo gráfico HD-2D, ao igual que tÃtulos como Octopath Traveler, Triangle Strategy, Live A Live ou o recente Dragon Quest III HD-2D Remake.
Unha viaxe clásica, renovada en HD-2D
Dragon Quest I sitúase anos despois das fazañas do heroe Erdrick, cando o Señor do Inframundo resucita na forma do temible Dragonlord. O xogador, descendente do lendario heroe, debe salvar Alefgard dunha nova invasión de monstros.
En Dragon Quest II, tras o triunfo do herdeiro de Erdrick, tres reinos prosperan… ata que as forzas da escuridade regresan. Os prÃncipes e princesas descendentes de Erdrick deben embarcarse nunha nova aventura para salvar o mundo.
Ambos xogos forman, xunto con Dragon Quest III, a coñecida triloxÃa de Erdrick. A pesar de publicarse despois de Dragon Quest III HD-2D Remake, o lanzamento cronolóxico ten sentido, xa que este último actúa como precuela narrativa.
Contido e edicións dispoñibles
O tÃtulo xa se pode reservar en dúas edicións:
– Edición estándar: Inclúe o xogo completo e o kit de viaxe Trouble-Free Travel Kit con elementos como zapatos elevadores e sementes (destreza, maxia, defensa, forza e vida). Estes elementos poden recollerse nas pousadas de Tantegel (Dragon Quest I) ou Midenhall (Dragon Quest II), ou xogando con normalidade.
– Edición para coleccionistas: Inclúe o xogo fÃsico (para Switch, PS5 ou Xbox), figuras de personaxes e monstros, o Outstanding Outfit Kit (con elementos como o anel de forza ou o Mad Cap), dous fondos de pantalla dixitais e o bono de reserva.
Tamén se lanzará unha edición dixital conxunta, Dragon Quest HD-2D Erdrick Trilogy Collection, que inclúe DQI & II e DQIII HD-2D Remake.
Como extra, quen teña unha partida gardada de Dragon Quest III HD-2D Remake poderá desbloquear un traxe de can en Dragon Quest I e un de gato en Dragon Quest II.
VÃdeo de adianto de Dragon Quest I & II HD-2D Remake
