Dropbox Transfer permite o envío de ficheiros de até 100 GB

martes, 5 de novembro do 2019 Marcus Fernández

Para o envío de documentos de grande tamaño existen servizos moi populares como WeTransfer, cos que agora entra a competir a propia Dropbox, que está a abrir a todos os seus usuarios o servizo Transfer, que permite enviar ficheiros de até 100 GB en poucos clics, permitindo que estes documentos estean dispoñibles a través dunha ligazón que pode copiarse e pegarse onde se desexe ou remitirse por correo electrónico, podendo incluso os usuarios definir limitacións ás descargas, como establecendo contrasinal ou indicando unha caducidade (facilitando información sobre quen accede aos ficheiros e cantas veces.
Este tipo de funcionalidade busca suplir basicamente a limitación de tamaño para os documentos intercambiados por correo electrónico (normalmente cun máximo de 25 MB), pero desta volta cómpre salientar que Dropbox Transfer está limitado a 100 MB para usuarios de balde, até 2 GB para usuarios de pagamento básicos (Plus ou Standard) e até 100 GB no caso de usuarios de pagamento avanzados (Professional ou Advanced).

PUBLICIDADE