Dúbidas sobre o apagamento analóxico en Soria o vindeiro verán
venres, 30 de maio do 2008
O ministro de Industria,
Turismo e Comercio, Miguel
Sebastián, anunciou que o 23 de xullo de levará a cabo o apagamento analóxico
da provincia de Soria, pero o presidente da Xunta de Castela e León, Juan Vicente Herrera, desmentiu ao
ministro, pois considera que non é posible cesar as emisións de televisión
analóxica dentro de 2 meses xa que a TDT non conta coa cobertura suficiente
como para poder tomar tal medida.
Lembremos que algo semellante tamén aconteceu na Fonsagrada, onde se anunciou o
apagamento analóxico pero despois da data oficial as emisións de televisión
analóxica tiveron que manterse mentres se solucionaban certos problemas de
cobertura.
Herrera
pretende tranquilizar á poboación da provincia de Soria ante o
anuncio de que cesarÃan as emisións analóxicas, e asegurou que «hai que asegurar que o 100% da poboación
da provincia poda recibir o novo sinal».