Duke Nukem Forever convértese no Vaporware do Ano
venres, 29 de decembro do 2006A fin do
ano provoca unha crise revisionista en tódolos sectores, e a revista Wired
elabora habitualmente unha listaxe cos produtos anunciados para o ano que
finalmente non se concretaron nunha realidade, o que se dá en chamar vaporware.
Os lectores da revista remitiron á mesma as súas propostas de produtos que
quedaron en fume e logo se seleccionaron
10 finalistas, aÃnda que unha das cousas máis subliñables da presente edición
é que produtos coma o Windows Vista ou a PlayStation 3 deixaron de estar
presentes na listaxe porque finalmente chegaron ó mercado en 2006.
- Duke Nukem Forever é o Vaporware do Ano
Temos asà que produtos moi mencionados na Internet coma o teclado Optimus-103
(que terÃa pequenas pantallas en cada tecla), o Airbus A380 (avión que poderÃa
levar a 555 pasaxeiros) ou os televisores con tecnoloxÃa SED (que combinarÃan o
mellor das pantallas TFT e das de plasma) quedaron en nada,;o que tamén
aconteceu con aplicacións informáticas coma o Skype para o sistema operativo
Symbian ou o TiVoToGo para Mac; aÃnda que os reis do vaporware parecen ser os videoxogos, xa que algúns tan anunciados
coma Stalker: Shadow of Chernobyl, o Gran Turismo 4 Mobile (para PSP) ou Spore
(o novo traballo dos creadores dos Sims) non rematan de chegar ó mercado, aÃnda
que ningún retraso é comparable ó do prometido xogo Duke Nukem Forever, que se
comezou a desenvolver en 1997 e se gañou a pulso o seu posto na listaxe de
Wired os anos 2000, 2001, 2002, 2003 e 2005, polo que se lle poderÃa considerar
sen medo a erro o Vaporware do Ano.
Aparte dos produtos mencionados, aÃnda hai outro que está na listaxe e que
poderÃa tamén converterse nun clásico, pois se trata do relevo do iPod, ou
sexa, do reprodutor multimedia que arrebate o liderado de Apple neste tipo de
dispositivos, pois a aparicións de dispositivos coma os Sansa de Sandisk, o
Zune de Microsoft ou os Zen de Creative non parecen ser suficientes para quitarlle
a coroa ó produto estrela da empresa de Steve Jobs.